A Empresa

A Empresa

Ordenadores Verín S.C. e unha empresa establecida na nosa comarca dende o ano 1995, levamos máis de 13 anos dando servicios informáticos tanto a empresas, administracións como a particulares, o noso persoal ten ampla experiencia e formación para solucionar a maioría dos problemas relacionados coa informática e telecomunicacións.

Nas nosas instalacións temos unha tenda ao publico para a venta de equipamento informático e toda clase de consumibeis, asi temos un amplo "stock" de cartuchos de tinta de marcas como poden ser HP, Epson, Canon, Lexmark ou Brother, tamén levamos multitude de elementos relacionados coma cableado de todo tipo, pendrives ou chaves USB, módems, routers, switches de rede, cableado de rede local, teclados, ratos e un longo etcétera.

Tamén temos unha parte adicada a TALLER de reparacións ou SAT, aqui e onde recibimos os equipos informáticos para proceder a súa reparación, cambio, montaxe, ampliación ou calquera cousa que o cliente no pida, levamos principalmente todo tipo de PC compatibeis e os seus elementos (pantallas, impresoras, CPU's...), facemos nesta parte tanto montaxe de ordenadores novos como a reparación de equipos de clientes, dispomos de ferramentas para o montaxe e a reparación, soldadura ou crimpado de cableado de todo tipo.

 

Ordenadores Verin, S.C.

Home